We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

SR. ANIDO & SRA. ÁLVAREZ 18

by Señor Anido

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Edición en vinilo 12" formato libro de alta calidad. Con funda protectora e folleto interior con información e arte do disco. Deseño de Javi Álvarez.

    Includes unlimited streaming of SR. ANIDO & SRA. ÁLVAREZ 18 via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    Purchasable with gift card

      €15 EUR

     

1.
2.
3.
4.
5.
6.
Cara oculta 04:56
7.
8.
9.
Buraco negro 05:10

about

18 é un disco único, improbábel. Da colaboración de catro anos entre as personalidades irrepetíbeis de Sr. Anido y Sra. Álvarez saiu unha obra emocionantisima, mais cun rango de emocións moito máis amplo do habitual. Ao longo dos nove temas hai momentos dramáticos que poñen os pelos coma escarpias, momentos de diversión dende o humor absurdo, excitación bailonga, reflexión mística e lúcidos comentarios sociais. Todo encadrado nunha música que celebra a imaxinación sen ningún complexo estilístico: o mesmo recolle a influencia de spacemen 3 que adianta pola esquerda a Radiohead no uso de texturas electrónicas ou pon música a unha película de Akira Kurosawa.

A impresión ao escoitar o disco e observar nas tuas mans o deseño é asistir á creación dun universo propio. Flota no ambiente unha preocupación polo lado perverso da sociedade. As cancións están cheas de personaxes que sofren (o extraterrestre de “It came from outer space”, expulsado polos humanos que non toleran a diferencia; o boxeador de “Marciano Balboa”) e ameazas ineludíbeis (“Buraco negro”). A voz de Sr.Anido sofre con eles, adoptando mil rexistros diferentes, mais é tamén capaz de transmitir beleza, humor e luminosidade como para compensar a dor. Non hai cinismo nen distancia irónica diante do que se relata, como foi sempre habitual nas gravacións anteriores de Anido. Mais os recursos inagotábeis dos dous músicos (a lista de aparatos que utiliza Sra. Álvarez ocupa tres liñas) permiten aquí que todas esas sensacións sexan traducidas nun son tremendamente orixinal. Está perto de moitas cousas (o surf, Suicide, cualquera forma de mantra) e lonxe de todas. Pola variedade conceptual, pola orixinalidade da instrumentación e pola lucidez absoluta que transmite, 18 é, efectivamente, un disco improbábel. E por iso mesmo é un disco necesario.

credits

released September 14, 2016

Todas as cancións escritas por Rafa Anido e Javi Álvarez.

Gravado por Javi Álvarez en La Follable de Madrid e Barcelona
entre 2012 y 2015.

Producido por Javi Álvarez e Rafa Anido.

Masterizado por Rafael Martínez del Pozo en Castro de
Cepeda (León).

Letras de Rafa Anido excepto: Diego Anido e Javi Álvarez
en 2, Javi Álvarez e Rafa Anido en 7.

Rafa Anido: guitarra, voces e baixo

Javi Álvarez: guitarras, sintes, percusións, variophon,
vibráfono, silbo canario, gameboy, órgano, batería, arpegio
asperger, sidekelele, circuit bending, caixas de rezos, ruidos,
coros e voces.

Cris Blanco e Esperanza Collado: voces en 2, Diego Anido:
coros en 2, Cris Blanco e Kimberley Tell: coros en 3 e 6. Lorea
Núñez: coros e aplausos en 8.

license

tags

about

Señor Anido Santiago De Compostela, Spain

Rafa Anido comenzó con Señor Anido en el año 1999, edita de forma artesanal 20 grabaciones en las que trabaja diferentes estilos: punk, garaje, noise, electrónica...
Grupos que podríamos citar como influencias por ejemplo con la letra S: Suicide, Stooges, Sonics, Spacemen 3, Saicos, Strollers, Suicidal Tendences Spits, Siniestro Total, Sonido Alfredo, Sr Sra Sr, Shit Pony, Shelda Bağcan...
... more

contact / help

Contact Señor Anido

Streaming and
Download help

Report this album or account